Mostrando entradas con la etiqueta exposición. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta exposición. Mostrar todas las entradas

miércoles, 13 de mayo de 2009

EXPOSICIÓN TEMPORAL SOBRE VIAXES

Nestes últimos días do curso, e xa pensando nas vacacións de verán máis que noutra cousa, fixemos na biblio da escola unha exposición temporal sobre a temática das viaxes nos diferentes idiomas. Inclúe fantásticas guías visuais de viaxes e DVDs que nos amosan outro punto de vista dos países das diferentes linguas de estudio na escola.

Animádevos a visitarnos, e ao mellor entranvos ganas de viaxar...

Eiquí tedes un exemplo do que temos na exposición:


STEPHEN FRY IN AMERICA
Serie da BBC retransmitida en Digital +, Stephen Fry in America. Nesta serie de 6 episodios, o polifacético escritor e actor británico Stephen Fry viaxa polos 50 estados dos Estados Unidos a bordo do seu taxi londinense. Así o conta él mesmo:

"Dende Minnesota ata o Val da Morte, os Badlands, os pantanos e as mansions do
Sur, cada estado ten algo marabilloso. As suas cancións, monumentos, paisaxes,
curiosas leis e cidadáns son unicos”
A partir do humor e alleo a todo cinismo, busca destapar a autenticidade dun país.



miércoles, 22 de octubre de 2008

HALLOWEEN, SAMAÍN...


Achégase o tempo das castañas, dos días máis curtos e das meigas e cabazas. Chega Samain, a festa celta convertida na pagana Halloween e na cristiana Noite de Difuntos. E non só chegan as cabazas, senon as bruxas e as pantasmas, as noites de terror .... arredor do lume cun bó libro nas mans. Por iso na biblioteca imos facer unha exposición temática sobre as historias de medo e de terror, a ver si os animades a ler algún deles.

INVITÁMOSVOS a partires do 29 de outubro, na biblioteca.

miércoles, 17 de septiembre de 2008

INAUGURACION DO NOVO CURSO

Qué mellor maneira de olvidar o estrés post-vacacional que sumerxirnos na lectura dun bo libro? A biblioteca da EOI de Ferrol estamos a preparar unha exposición en toda-las linguas sobre o tema "pequenos/-as protagonistas", na que son os nenos os que toman todo o protagonismo. Quen non coñece a Harry Potter ou ó Principiño? Acaso xa non están na memoria colectiva os Oliver Twist, os Huckleberry Finn ou os pequenos Nicolasiños? Esta exposición pretende ser, pois, unha homenaxe ós nenos que levan con nós dende que somos ben pequenos, e tamén unha presentación ó público de pequenos grandes descoñecidos. Non deixedes de visitarnos na entrada principal da escola dende o día 26 de septembro.