miércoles, 13 de mayo de 2009

EXPOSICIÓN TEMPORAL SOBRE VIAXES

Nestes últimos días do curso, e xa pensando nas vacacións de verán máis que noutra cousa, fixemos na biblio da escola unha exposición temporal sobre a temática das viaxes nos diferentes idiomas. Inclúe fantásticas guías visuais de viaxes e DVDs que nos amosan outro punto de vista dos países das diferentes linguas de estudio na escola.

Animádevos a visitarnos, e ao mellor entranvos ganas de viaxar...

Eiquí tedes un exemplo do que temos na exposición:


STEPHEN FRY IN AMERICA
Serie da BBC retransmitida en Digital +, Stephen Fry in America. Nesta serie de 6 episodios, o polifacético escritor e actor británico Stephen Fry viaxa polos 50 estados dos Estados Unidos a bordo do seu taxi londinense. Así o conta él mesmo:

"Dende Minnesota ata o Val da Morte, os Badlands, os pantanos e as mansions do
Sur, cada estado ten algo marabilloso. As suas cancións, monumentos, paisaxes,
curiosas leis e cidadáns son unicos”
A partir do humor e alleo a todo cinismo, busca destapar a autenticidade dun país.



No hay comentarios:

Publicar un comentario